Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Aparecidos

San Xián de Sergude. Carral (A Coruña)

Carral

Pasoulle unha vez a unha rapaza que vivía en Carral e que tiña un rapaz veciño a quen unha noite, ó voltar da tuna, presentóuselle no camiño a alma dun defunto e, ó facer as vintecatro horas morreu de súpeto.

Ó outro día despois do enterro, cando a rapaza viña de pechar o muíño da dona a quen servía, sendo xa noite pecha, nunha volta do camiño presentóuselle o veciño moto. Ela gañou medo e fuxiu a correr, facendo cruces e murmurando un rezo. Chegou á casa morta de medo e non deu fala a ninguén do que lle pasara. Ó outro día, cando viña de volta a tremer coma un condenadona porta do inferno, volveuse repetid o feito, mais agora, antes de ver ó rapaz, sentíu as súas falas, que lle dixeron:

— ¡Marica! Non fuxas que non che hei de facer mal. Escoita: vai mañá ás doce da noite á fraga do Suenllo e direiche o que tes que facer para me sacares de penar po-los camiños. Vai, non llo digas a ninguén — e, daquela, aareceulle de corpo enteiro, coa mesma roupa que lle puxeran para enterrar.

Chegou a nova noite e a moza, axexada po-los veciños dispostos a lle valer, acudiu á cita, mais o morto non se presentou. Moqueáronse dela os outros e, xa coidaba ter todo pasado, cando outro día, voltando soa do muíño, outra vez se lle apareceu o morto a lle decir:

— ¡Marica! Non fixeches caso do que che pedín e sigo penando po-la túa culta. Escoita, aínda é tempo de que me vallas. Para que eu pouse, e non me vexa punido po-los meus pecados a penar po-los camiños da terra, unha moza solteira ten que facer a pé a romaxe de Nosa Señora da Barca, a pedir po-las portas o xantar de pan e auga, e un cotiño de palla para durmir nos alpendres. Ten que levar un hábito de burel, feito coa esnola recollida entre os veciños de sete parroquias e ten que dicir unha misa en Paleo e outra o día da Virxe na súa igrexa. Esa moza es ti, Maricaa, ¡váleme agora que aínda hai tempo!

Cando chegou á casa, contoulle á dona o que lle pasara, e fóronse de contado as dúas xuntas pé do señor cura. Ó outro día, foise a rapaza de porta en porta para cumprr a manda do morto: fixo a súa romaxe á Nosa Señora da Barca e disque nunca máis ninguén oíu falar de que se volvera presentar outra vez a ninguén a alma do rapaz morto.




CARRÉ ALVARELLOS, Lois. Contos populates da Galiza, Museu de Etonografía e História, Junta Distrital do Porto, Porto, Portugal