Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

O encanto do Castro de Elviña

Castro de Elviña. San Vicente de Elviña (A Coruña)

Castro de Elviña

Tódo-los veciños da bisbarra saben do encanto das croasno Castro de Elviña, porque alí aparecían uns mouros que daban moitas onzas ós veciños que lles levaban gando, leite ou manteiga; e, de haber mouros, tamén tiña que haber encanto e tesouro, disque. Así foi como un día, ha moitos anos, un rapaz de Someso fíxose co libro de San Cibrao e faloulle a un seu amigo se quería ir con el levantar o tesouro.

Postos de acorodo, os dous homes, que tamén eran veciños, fóronse antes do raiar do sol camiño das croas e, de ter chegado, o do libro fixo canto é costume, mais, ó ler, trabucouse e leu ó dereito, como é mandado para os cristiáns, e non ó revés, como tiña que facer. Daquela levantouse da terra unha cousa que nunca souberon o que foi, se unha ramalada de vento ou unha forza estraña e misteriosa, masi, o que si souberon, pois contábano, é que o que fose borounos po-lo ar, cal foguetes, e foron caer a máis de seicentos metros do castro, no medio dun prado e preto das casas onde vivían.

Gañaron moito medo e correron moi grande perigo, dise, e se nunca souberon dicir que cousa fora bota-los po-lo ar, ni como acontecera, en moito tempo ó pechar os ollos voltaba a eles aquela sensación de caer no buxán, amais de que botaron moitos días entre a vida e a morte, de tan forte pancada como levaron o bater no chan.

 

 


CARRÉ ALVARELLOS, Lois. Contos populates da Galiza, Museu de Etnografía e História, Junta Distrital do Porto, Porto, Portugal