Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

A Ara Solis

Fisterra (A Coruña)

muxía De seguro, foi profundo o acoro e a pavura que infundiu aos antigos a visión que experimentaron ao chegar a estas terras, lugares nos que só se ollaba un infindábel mar no que se mergullaba o sol, como se o o céano o devorase, ao tempo que se escoitaba un fondo laio, crenza que aíinda hoxe compartillan algunhas xentes desta finis terrae.

A lenda da Ara Solis, quizais de orixe grega, refire que o pobo caldeo, que adoraba o sol, decidiu un día buscar o escondrixo do astro durante as horas da noite. Abandonando o seu país, os caldeos comezaron o seu camiño cara a Occidente. O derradeiro lugar ao que chegaron foi Galiza, onde se decataron de que o mar lles impedía continuar, ó mesmo tempo que descubrían que o Sol se afundía no océano. Convencidos de que entre as augas pasaba o astro adorado as horas da Galicia noite e abraiados perante aquel prodixio, decidiron construír naquelas terras un altar ao que puxeron de nome Ara Solis.

Hai quen afirma que o cáliz e a hostia do escudo de Galicia son unha representación simbólica ou filtrada pola relixión cristiana do sol sobre a Ara Solis.