Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

MUXÍA, A NOSA SEÑORA DA BARCA

Santuario da Virxe da Barca. Muxía (A Coruña)

Romaría da Nosa Señora da Barca

A tradición fálanos do apostolado de Santiago na nosa patria, que, cheo de celo ardoroso, plantou a frondosa árbore da fe cristiá no noso Solar Galaico, escolléndoo para descanso dos seus restos.

Durante as súas predicacións po-la comarca ártabra, retirouse á solitaria Muxía para orar e suplicar ó Señor que os pobos cesaran na hostilidade con que acollían a súa predicación.

Rumores trae o mar, onde o Apóstolo contempla unha barca misteriosa que se achega á beira e trae a Santísima Virxe, radiante de fermosura e maxestade. A VIrxe alenta ó Apóstolo, comunicándolle o éxito nas súas predicacións na nosa terra, ordenándolle o regreso a Xerusalén, onde lle espera o martirio e, dálle como mostra de amor unha imaxe súa. Santiago eixiulle un altar á Virxe nunha furna formada debaixo das rochas.

A embarcación na que veu a Virxe era de pedra, o mesmo que a vela e o timón e de alí se mostran entre aqueles penedos. A barca chámase Pedra de abalar e a vela Pedra dos cadrís. En canto á sagrada imaxe da Virxe, as persecucións obrigaron a tela agochada ata que, libres de temores, os naturais da comarca lle erixiron un templo que xa era coñecido no século XIV.

 


RIVADULLA PORTA, J. Enrique. 1974. Notas históricas del Santuario de NUestra Señora de la Barca (Muxía), Talleres Tipográficos de Impresión Comercial, A Coruña