Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

A RAÍÑA LUPA

Padrón (A Coruña)

Rúa da Raíña Lupa

Cóntanos a lenda que unha nao, non das que se achegaban habitualmente á nosa costa, senon cunha forma das que navegan po-las terras onde Xesus Cristo viviu, foi adentrándose nas nosas costas sen que ninguén a guiara. Catro xoves vestidos de blanco ocupaban a nave xunto cun corpo sen vida ó que rodeaban. O vento foina empurrando ata a desembocadura dun río e foi subindo po-lo cauce ata que se detivo nas areas da ribeira. Os seus ocupantes saltaron a terra e ataron a barca a unha columna de pedra alí había. Sacaron o cuerpo e depositárono sobre unha grande lousa de pedra que coma se fose de cera reblandeceuse e adaptouse á forma do cuerpo e acolleuno como se de un mol colchón se tratara. Ante tal prodixio a ese lugar e dende entón chamóuselle Pedrón.

Como alí non lles parecía un lugar apropiado para enterra-lo, o máis xoven deles decidiu pedir axuda para poder transporta-lo, mentres que os outros quedaban acompañando o corpo do seu mestre. Comenzou a camiñar por un carreiro que partía do lugar no que estaban e seguiuno ata que, xa anoitecendo viu ó lonxe unha luz. Dirixiuse cara alá e, no curuto dun outeiro, divisou unha construcción; chegou ata a súa porta e chamou con forza. Unha voz preguntoulle quen era e que quería a esas horas da noite, para molestar á súa señora, a Raiña Lupa; pero que si quería falar con ela debería esperar ata que chegase o novo día.

Ó amencer, a Raiña Lupa recibiu ó viaxeiro e preguntoulle que necesitaba. El pediulle un carro que lle permitiera transporta-lo corpo santo que acompañaban, ata un lugar no que darlle sepultura y díxolle:

— Deus envíate muerto a aquel a quen non quixeches recibir en vida. Acólleo e hónralo para que sexas honrada ó chegar a túa hora.

Ela, entre sonrisos, díxole que fora ver a Régulo, que moraba en Duyo e era o Grande Xefe e sacerdote da Ara Solis. Régulo en troques de axuda-lo fíxoo prender xunto cos seus compañeiros. Ó chegar a noite, apareceu dentro da celda unha luz coma de vagalume e, abrindo un burato nos muros, permitiu ós catro navegantes abandonar a súa prisión e dirixirse a recolle-lo corpo abandonado no pedrón. Non pasou moito tempo cando viron que Régulo os perseguía. Correron, pero non demasiado, porque cando os seus perseguidores estaban cruzando unha ponte sobre o río Támara ou Támbre, a ponte rompeuse e, con grande estrondo, todos caeron e morreron aplastados po-las pedras da ponte ou arrastrados po-las augas do río.

A nova voou entre as xentes do lugar e os navegantes dirixíronse de novo ó castelo da Raíña Lupa para pedirlle axuda e dixéronlle:

— Deus está connosco e será mellor que nos axudes; Necesitamos un carro e unha xunta de bois.

Aceptou ela, pero dixolles que alí no tiña bois e que si os querían tiñan que ir busca-los ó monte, onde poderían coller os que quixeran. Indicoulles cal era o monte onde tiñan grande cantidade de touros bravos. Foron os catro homes e sucedeu que os touros mostraronse mansos e foron con eles dócilmente. Puxeron o corpo do seu mestre Sant Yago na carreta e, guiados por unha estrela, chegaron a un lugar chamado Libredón, onde sin que ninguén os vira enterraron o corpo.

Dícese que a Raíña Lupa, impresionada por estes feitos derribou o templo de Ara Solis e convertiuse ó cristianismo.