Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Cedeira: San Andrés de Teixido

Teixido. A Régoa. Cedeira (A Coruña)

No concello de Cedeira, partido xudicial de Ortigueira, e na fraguenta serra da Capelada, pola banda que baixa deica o Atlántico, nunha ribeira inabordable pola maneira de bater nela o marulloso mar, hai un santuario famoso en Galicia, ó que acoden as xentes de toda a rexión, e aínda moitas de Asturias e León. Este santuario é o de Santo André de Teixido, ó que, segundo o dito: Vai de morto que non vai de vivo.

Hoxe aínda é doado o se achegar alí, porque os automóbiles andan lixeiros e poden ir ata Chímparra, pequena aldea ó pé da montaña, que é preciso subir; e, despois de camiñar un bo anaco polo cume do monte, descéndese pola encosta contraria para cumprirse coa romaxe; mais, antigamente as xentes de lonxe tiñan que facer grandes camiñadas, e ían en fatos cun guieiro que lles mostrase o camiño e os lugares axeitados para durmiren pola noite se for preciso por seren de tan lonxe que precisaran varios días.

TeixidoE como aqueles que non puideron facer a romaría de vivos, han face-la despois de mortos, cóidase que as almiñas van no corpo dun lagarto, dunha cóbrega ou de calquera outra bicharada que lles poida valer para o caso; e por isto ningún romeiro fará mal ningún ás alimarias que atopar no seu camiño.

A lenda do porqué disto que digo é a seguinte:

0 santo apóstolo Santo André, que se atopaba naquel arredado curruncho, illado e senlleiro, andaba decote tristeiro de ver as grandes peregrinacións que de toda a parte do mundo cristián ían camiño de Compostela para facer oración diante do sartego de Santiago, malia das penalidades que tiñan que sufrir; e, en troques, o seu santuario víase baleiro, malia que tamén facía milagres e sandaba malados que serían incurables sen a súa axuda protectora.

E disque, di a lenda, o bo do Santo André percorría os carniños vagarosamente, e diríamos que un pouco amolado se non for santo; pero se non amuado, moi contento tampouco andaba.

Un día, no decurso dunha das súas longas camiñadas, en que ía cavilando na súa pouca sorte, achouse supetamente ante Noso Señor, que viñera á nosa terra para ver cómo andaban as cousas, e ó ve-lo El-Señor preguntoulle:

— Véxote tristeiro, Andrés, ¿qué é o que che acontece?

E Santo André, aproveitando o ensexo, respondeulle:

— Divino Mestre: ando tristeiro porque vexo que de todo o mundo veñen xentes visitar o teu discípulo Santiago, que está en boa terra e ten bos camiños para chegaren onda el; e sofren e padecen nos longos días das lonxanas romaxes... —e con toda a humildanza, engadiu—. En troques ninguén vén a pé de min; o meu santuario está decote vougo, coma se eu non for tamén voso discípulo, non menos fiel e celoso do ben para todo-los homes.

Noso Señor, amerceado e ollándoo con agarimo, díxolle entón:

— Dis ben, André, e ti non has ser menos do que Xacobe. De hoxe en diante prométoche que ninguén ha entrar no ceo sen que tiver visitado o teu santuario, po-lo menos unha vez na vida; e aquel que o non fixer de vivo farao despois de morto.

E así foi, e por iso se di:

A San Andrés de Teixido,
Vai de mono o que non vaide vivo.

 


CARRÉ ALVARELLOS, Leandro. As lendas tradizionaes galegas, Museu de Etnografía e História, Junta Distrital do Porto, Porto, Portugal