Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

A cidade asolagada de Boedo

San Xoan de Lagostelle. Guitiriz (Lugo)

A lagoa de Cospeito

No Boedo había unha cidade. Por ela pasou un día a Sagrada Familia pedindo comida, e non llela quixeron dar. Mesmo un zapateiro guindoulle a súa forma a Xesús Cristo. Chegaron a unha casa pobre onde os nenos estaban tra-la lareira chorando de fame. A muller da casa quixo atender a Xesús Cristo e á Virxe; delles pousada, pero non tiña outra cousa que darlles.

A Virxe díxolle:

— Faga unha torta coa cinza.

A muller ó principio resistiuse dicindo que non podía ser, que non ligaba nin formaba masa; pero á fin, fíxoo. A Virxe entón dixo

— Próbea, señora: é tan certo que é torta cocida de trigo como que a cidade de Boedo está asolagada: por culpa dun malo, Deus destrúe unha cidade.

Dise que dende entón se escoitan campás e un ruido que foi esconxurado por un cura; pero aínda hai un sitio ó que lle chaman o "Pozo da Campá".

 

 

 

MONTEAGUDO, Luis. 1945. "Palafitos; problemas y leyendas", en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares, Tomo XIII, Madrid