Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

A Ponte de Gatín

Pontes de Gatín. Becerreá (Lugo)

A ponte de Gatín

En Pontes de Gatín, lugar que serve de porta de acceso aos Ancares, existe unha fermosa, aínda que sinxela, ponte medieval. Eis a lenda que testemuña a orixe da ponte e máis o nome da aldea:

A unha muller preñada aparéceselle o demo en forma de gato, construíndolle unha ponte para que poida pasar con comodidade o río. Outra liña da lenda especifica que os viciños lle mandaron ó diabo que lles construíse unha ponte, solicitando aquel en troca unha vida. Sabendo o demo que naquel momento unha muller está en estado de xestación avanzadísima e a piques de parir, impón a condición de que, unha vez constrúa a ponte, os viciños haberán de entregarlle o primeiro ser que naza no lugar. Os viciños aceptan o pacto e o diabo, con efecto, constrúe a ponte.

Sen embargo acontece que unha gata está tamén a parir e faino antes que a muller. Os viciños aceptan o trato co diabo porque sospeitan a posibilidade de que sexa a gata quen primeiro teña descendencia. A viciñanza faille entrega ó Escuro do gatiño ("gatín" na forma dialectal da zona), recén nado, co cal conseguen burla-lo.

A muller ó principio resistiuse dicindo que non podía ser, que non ligaba nin formaba masa; pero á fin, fíxoo. A Virxe entón dixo

— Próbea, señora: é tan certo que é torta cocida de trigo como que a cidade de Boedo está asolagada: por culpa dun malo, Deus destrúe unha cidade.

Dise que dende entón se escoitan campás e un ruido que foi esconxurado por un cura; pero aínda hai un sitio ó que lle chaman o "Pozo da Campá".

 

 


VAQUEIRO, Vitor. Guía da Galiza Máxica