Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

A ponte do pasatempo

Mondoñedo (Lugo)

Sabido é que á morte do reiEnrique IV os nobres dividíronse en dous bandos: uns puxéronse da parte de dona Sabel e outros de dona Xoana, a filla do rei. En Castela venceron de contado os que apoiaban á irmá de don Enrique, mais en Galicia tiñan maior forza os que defendían os dereitos de dona Xoana.

Eran estes principalmente o Conde de Lemos, o de Soutomaor e mais o Mariscal Pedro Pardo de Cela. Partidario de dona Sabel foi o señor don Diego de Andrade e seus amigos.

Os Reis Católicos enviaron a Galicia, de acordo co de Andrade, un exército comandado por certo aventureiro francés, o capitán Mudarra, e con el o bacharel García de Chinchilla e mais o señor Ladrón de Guevara como gobernador de Galicia, coa orde de facer "xustiza"; aquela xustiza que, segundo o cronista dos reis, "cortaba brazos e pernas e cabezas, de tal sorte que semellaba crueldade, mais que era necesaria".

A loita, malia deso, continuou no decurso de tres anos, ata que, vendo difícil de vencer ós poderosos señores que non acataban a dona Sabel,e don Fernando, os partidarios destes recorre á traizón e conseguiron así dominar ós seus contrarios. Ó conde de Camiña, señor de Soutomaior, matárono; disque lle botaron un garrote mentres durmía, o de Lemos morreu, ó que díxeron, de vello; e o Mariscal foi collido co seu fillo e outros fidalgos nunha casa do Castro de Ouro, despois que, comprados algúns dos seus criados, lle abriron a Mudarra as portas do castello da Frouseira.

Pardo de Cela e mais o seu fillo, un mozo de 22 anos, foron xulgados por un tribunal, en Santiago e condenados a morte.

Cando dona Sabel de Castro, a muller do Mariscal, soubo tan tristeira nova, decidiu presentarse á raíña en demanda de clemencia e partíu de contado carmiño, de Valladolid, onde aquela se atopaba.

Mais, o bispo de Mondoñedo, que tiña empencha ó Mariscal porque este non quixera entregarlle algúns bens da súa dona, que lle foran doados po-lo tío desta, don Pedro Enríquez de Castro, anterior bispo da diócese, nin quixera tampouco deixar de cobrar rendas que lle foran concedidas po-lo re¡ don Enrique naquel bispado, enviou, tamén á súa vez emisarios para que non lle fora concedido o perdón real a Pardo de Cela.

Corríalle, pois, présa ó bispo de Mondoñedo a morte do Mariscal por se a señora dona Sabel de Castro chegaba coa gracia concedida po-la raíña, e logrou adiantar a punición.

Pasatempo Non obstante, o día sinalado para o suplicio chegaron novas de que dona Sabel viña co perdón, e cabalgaba apresadamente levada das arelas de esposa e de nai que sabe en perigo a vida dos seres queridos.

Mais, daquela o bispo imaxinou o modo de que o perdón non chegara a tempo, e enviou á entrada da cidade algúns dos seus cóengos, que agardaron a chegada da desditosa señora, e alí a detiveron, entreténdoa con mil faladurías e enganos.

A coitada quería seguir adiante; mais eles, asegurándolle que nada tiña que recear, seguiron a súa conversa teimosa, non en tanto na praza de Mondoñedo o Mariscal e mais o seu fillo eran entregados ó verdugo.

As nobres testas rolaron polo chan, e as campás da catedral dobraron a morto. Foi só entón cando a espavorida señora puido entrar na cidade,

Dende entón os veciños chámanlle a aquel lugar a Ponte do Pasatempo.

 

 


CARRÉ ALVARELLOS, Leandro. As lendas tradizonaes galegas, Museu de Etnografía e História, Junta Distrital do Porto, Porto, Portugal.