Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

A recadeira

Couto da Recadeira. Mondoñedo (Lugo)

 

Couto da Recadeira

Cóntase que unha vez un de Silán, indo para Mondoñedo, púxose a xantar cabo dun penedo ó tempo que un paxaro se arreconchegaba nel.; mirou para onde aquel paxaro se metera e, ó non ollar ningún burato nin longueiro, ergeu unha lousica pequena e, ó ergue-la, atopou un tesouro de moitos miles. Tanta prata e ouro alí había, que asemade de facerse rico o descubridor, doou toda a prata con que están feitas as cruces parroquiais das igrexas do Valadouro.

Na Recadieira é onde máis tesouros se atopan. Un que lle chaman Cacheiras atopou unha pedra de ouro que lle valeu 22 onzas. Rosende Rubal atopou unha bola e dous bolos. Unha filla do Xaneiro, unha pedra coma un puño que deu a non sei quen, e este para non devolverlla, díxolle que se desfixera coma barro. O Cabrito, un báculo de ouro po-lo que lle deron 9.000 reás, e contan que na Exposición de París xa daban máis de 60.000; era de cerca de un metro de longo con dúas bolas nas puntas, ocas, e gravada no medio. O fillo de Roxa do Coto atopou unha pedra po-la que lle deron máis de corenta pesos. Outro atopou un aro coma un peso de ancho, pero non era de ouro.

Unha vez era un veciño de Viloalle que, non sei por onde, soubo que en Madrid había un libro que daba conta do sitio onde estaba o tesouro. Mandouno busce e atopáronlle o libro, e dicía os nomes dos sitios tal como hoxe son.

 


GONZÁLEZ REBOREDO, Xosé Manuel. 1983.Lendas galegas de tradición oral, Ed. Galaxia, Vigo (Pontevedra)