Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Galaaz en Galicia

Pedrafita do Cebreiro (Lugo)

Galaaz numa pintura de George Frederick Watts

O rei dos celtas británicos, Arturo, congregou ós seus cabaleiros e pediulles que foran buscar por todo o mundo o Graal, que somentes podería ser conquistado por unha alma pura sen mancha de mal.

Un destes cabaleiros era Galaaz, que se pon inmediatamente en camiño. Vai a través de bosques e montes ata chegar a unha praia onde aparece unha solitaria nave cun cáliz de ouro bordado na súa vela. Galaaz sube ó barco e este faise á mar, chegando despois de dous días de travesía a unha costa descoñecida para el.

O cabaleiro desembarca e adéntrase en terra firme: ante os seus ollos exténdese un país maravilloso. Galaaz atópase cun campesiño ó que lle pregunta en que lugar se atopa, ó que este respóstalle que está a camiñar po-las terras de Galicia.

Galaaz continua o seu camiño e, despois de moitos vales, atopou sunto dunha fonte a unha moza que o recibe con expresión amorosa. Pero Galaaz, fiel ó seu xuramento, logra vencer ós desexos de corresponder ó amor da rapaza e prosigue ó seu camiño

Como premio á súa fidelidade e á súa vontade, a Galaaz élle concedido chegar ó alto do monte do Cebreiro, onde, despois de unha longa viaxe, atopa o Santo Graal e que, aínda hoxe segue custodiado na pequena igrexa rural de Pedrafita do Cebreiro.

 


Orixe descoñecido