O Santo Graal do Cebreiro
Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
Nos altos cumio da serra, no Cebreiro hai unha aldea, Pedrafita, composta por un pequeno grupo de pallozas: casas de andar baixo, moi primitivas, de paredes de cachotería (pedras sen labrar, unidas por lama), de planta redonda e cubertas de colmo, xunco ou palla grosa cosida en faixas superpostas.
Por alí pasa o Camiño Francés das peregrinacións a Santiago; e como aquel lugar era
moi difícil de subir po-lo abrupto e costaneiro e máis fatigoso po-lo frío das
neves que o cubre bona parte do ano, dícese que San Xiraldo, conde de Aurillac,
fixo construir alí un hospital e unha igrexa para que puidesen reposar e
confortarse, corporal e espiritualmente, os peregrinos que o precisasen.
Mesmo un zapateiro guindoulle a súa forma a Xesús Cristo. Chegaron a unha casa pobre onde os nenos estaban tra-la lareira chorando de fame. A muller da casa quixo atender a Xesús Cristo e á Virxe; delles pousada, pero non tiña outra cousa que darlles.
A duda corroía frecuentemente ó corazón do crego; a duda amargaba as horas solitarias das súas noites de insomnio.
— ¡Oh, Deus! —murmuraba o crego aflixido—. A fe debilítase en min. Meu ser enflaquece e o meu cerebro estoupa, pero non vexo claro este misterio. ¿Unhas leves cruces trazadas no ar po-la miña man e unhas poucas palabras murmuradas po-la miña boca, non sempre limpa e pura, como poden facer tal miragre?
Había un veciño da parroquia que vivía a unha media legua de Pedrafita e era tan devoto da santa misa, que por ningunha cousa, nin aínda po-las tormentas ou nevadas máis fuertes, deixaba de chegarse alí para oír a misa.
Un domingo estaba o cura celebrando o santo sacrificio. Ninguén máis estaba na igrexa, porque a turbulenta cellista de aquel día era tal, que causaba pavor. Tiña xa consagrada a hostia e o cáliz, cando oiu o ruido de alguén que entrou apresuradamente na igrexa.
O crego mirouno con sorpresa e murmurou:
—¡Pobre home, vir con este tempo de tan lonxe, fatigosamente y arriscándose a morrer no camiño, só para postrarse ante un pouco de pan e viño!
Pero entón sentiu un estremecimento extraño. Mirou a patena e viu, horrorizado, como
o branco pan tornábase bermello, convertíndose en sangrante carne que parecía
recién cortada dun corpo vivo; e o viño do cáliz se espesaba, adquirindo un ton
máis rubio, e olía a sangue.
O mísero cura caeu de xeonllos ó pé do altar e luego desplomouse nas gradas, desvanecido.
O hombre que chegara naquel intre correu cara ó altar e tratou de incorporar ó crego. Estaba morto.
As reliquias deste miragre conservanse en dúas ampollas de vidro e plata na igrexa de Pedrafita do Cebreiro.
CARRÉ ALVARELLOS, Leandro. As lendas tradizonaes galegas, Museu de Etnografía e História, Junta Distrital do Porto, Porto, Portugal