Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Os tres consellos

Provincia de Lugo, orixe descoñecido

Pan

Unha vez, había un matrimonio nunha aldea que tiña un neno pequeno. Como eran probes, ordenaron de que o home marchase po-lo mundo a gañar a vida.

Marchou o home e, anda que te andarás, chegou a unha casa moi boa e preguntou se o admitían de criado. Despois das preguntas de rigor, admitírono na casa, na que traballou vinte anos seguidos. Ó cabo dese tempo, pediu a conta, porque xa lle entraron ganas de ir ver a súa familia.

O amo preguntoulle que quería mellor, que lle pagara a soldada ou que lle dera tres consellos bós.

— Cónteme logo os consellos —dixo o criado.

— Non fagas unha cousa sen pensa-la tres veces; non deixes arrodeo por atallo; e nunca preguntes o que non che importa.

Ademáis deulle a merenda e unha bola de pan para que partira coa familia cando chegara á súa casa.

Despedíronse e marchou o home cara a súa casa. Indo po-lo camiño xuntouse con el un arrieiro. O arrieiro colleu por un atallo e invitou ó home a que fora por alí, que se atallaba moito. Pero el, acordándose do consello do seu amo, seguiu o seu camiño, sen facer caso do consello do arrieiro. De alí a pouco que se separaran sentiu grandes voces e, ó mesmo tempo, o ouvear dos lobos, que se lle botaron á recua ó arrieiro, deixándolle só as ferraduras das mulas. O homiño pensou para o seu chalecoque fixera ben seguir os consellos do amo.

Despois chegou a unha casa e pediu pousada. Así que cenaron, comezaron a preguntarlle cousas, para ver se el tamén facía preguntas impertinentes. Abriron unha lacena e saliu dela un animal moi raro cunhos pelos moi grandes e lambeu os pratos da mesa. Despois amosáronlle unha cova moi escura onde había moitas cabezas de homes e de mulleres, mais o homiño calaba como un afogado. En vista de que non lle facían preguntar, deixárono en paz e fóronse á cama. Á mañá seguinte, cando se levantou e pediu a conta, dixéronlle que non lle cobraban nada e, ademáis, que lle deixaban marchar en paz, pois todas aquelas cabezas eran de fulanos que non resistiran a tentación de facer preguntas. Marchouse o bon do home para a súa casiña máis contento que unhas Pascuas.

Chegou á aldea xa entrada a noite e púxose a mirar po-lo furado da porta da súa casa. Alí viu a súa muller e máis un cura, que estaban sentado ó redor do lume. Déronlle tentaciós de entrar e mata-lo, pero, acordándose do consello que lle dera o amo, de que non fixera cousa algunha sen antes pensa-la tres veces, rascou a cachola e, cavila que te cavilarás, decidiu pedir pousada noutra casa da aldea.

Como non o coñecían, poido preguntar moitas cousas acerca da familia e contáronlle como o home había moito tempo que marchara po-lo mundo, que a muller criara o seu neno moi ben, que o estudiara para crego e que estaba coa nai na casa.

O home non quixo saber máis. Pasou o día seguinte por alí escondido e, ó anoitecer, foise e pediu pousada na súa casa. A muller non lla quería dar, pero o fillo convenceuna de que debía darlla, pois sabe Deu quen lla daría ó seu pai po-lo mundo. Chegada a hora da cea, a muller puxo un prato de máis na mesa. El preguntou para quen era aquel prato.

—Pois mire, señor, élle para o meu marido, que hai vinte anos que anda po-lo mundo.

— Logo, ese prato perténceme a min, porque eu son o teu marido.

Deuse a coñecer e celebraron un gran banquete para festexar o acontecemento. Ós postres, partiron a bola que lle dera o amo e encontrárona chea de ouro.

 

 


VV. AA. 1972. Contos populares da provincia de Lugo, Centro de Estudios Fingoy. Editorial Galaxia, Vigo (Pontevedra)