Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

A lagoa da serpe

Ponte. Santa Madalena de Ponte e A Veiga. Santa María da Veiga. A Veiga do Bolo (Ourense)

A lagoa da Serpe

Na Lagoa da Serpe, na serra de Pena Trevinca, dicíase que antigamente había unha serpe moi grade temida por todos. Segundo di a lenda, nas noites de lúa chea, esta serpe convertíase nunha fermosa muller e que cando un mozo lle acertase cun salivazo na boca, esta habíase converter nunha fermosa muller e casaría co mozo.

Unha noite de lúa chea, un mozo da aldea de Ponte, que é a máis próxima á lagoa, foi ver a serpe e topouse coa fermosa muller. Entón esperou ata que abriu o día e, candao se converteu de novo en serpe, cuspiulle na boca. Nese intre volveu aparecer a fermosa moza que el vira po-la noite e casaron os dous.

A Lagoa da Serpe está na Pena Trevinca. A lenda di que toda persoa que beba da súa auga morrerá e que se te metes nela, sómete par dentro. Xa houbo un caso dunha persoa que foi sumida para dentro, pero non se sabe de xente que morrese por bebe-la auga porque ninguén se atreve a face-lo.


VÁZQUEZ-MONXARDÍN FERNÁNDEZ, Afonso. 1994. 102 lendas en noticias lendarias, en Boletín Auriense, XXIV, Ourense