Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

A muller-lobo

Loureses. Os Blancos (Ourense)

Había alá en tempos, en Castela, un pai que tiña moitas fillas; unha delas comía moita carne: canta máis lle daban, máis comía. Un día o pai díxolle:

— Inda vaias comer carne cos lobos ó monte.

Foi palabra maldita —di o noso informante—, que naquela noite desapareceu se saber que foi feito dela. Saíu e envorcallouse na area e volveuse unha fada. e unhas veces andaba de lobo e outras de muller. Foi desandando, desandando ata que chegou ó Cebreiro e ás Canellas de Agras de Tosende (Ourense). Por estes montes andou moito tempo de capitana dos lobos, facendo moitos estragos na facenda e na xente (esto cando estaba de lobo). O paradoiro era no monte do Cebreiro. Cando estaba de muller acendía o lume e xuntábanse os lobos darredor dela, e non lles deixaba facer mal ningún a ninguén.

E unha vez que viñan os do sal de Portugal, cando o sal estaba estancado, os lobos quixéronse botar a eles para os comer, e ela non os deixou, dicíndolles:

— Quietos, deixádeos pasar.

Muller lobo Así andou moito tempo, ata que lle levantaron a fada. Adoitaba ela ir comer fariña a un muíño e, unha vez cadroulle de estar o dono dentro; e quíxose meter por baixo da porta coma sempre, e ó meter a pata viuna o muiñeiro e cunha navalla quíxolle cortar a perna, e ó principiar a cortar, foi e meteu un berro e volveuse unha muller. Así que se viu muller tratou de ir para a súa casa preguntando de aldea en aldea ata que chegou á casa, e cando chegou tiveron moita alegría. Para o verán que segiu foron os de Tosende á sega a Castela e foron segar á casa da tal; entón preguntoulles de onde eran, e dixéronlle que eran de Tosende e de Aguís:

— Pois esas aldeas coñecíanas eu ben, e coñezo o Cebreiro e as Canellas de Agra.

— ¿E logo, como é para as coñecer?

— Pois tiven que andar por alí de fada, e fixen moitos estragos e por ningún tiven tanta pena como por un rapaz que comín, e eu estábao despedazando e el rindo cara min.

E, pois, aínda se fala por alí desa fada e agora que se estaban moi a gusto dende que ela faltara.

 

 


RISCO, Vicente. 1971. Un caso de lycantropía, Ed. Real Academia Galega, A Coruña