Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

As lavandeiras do río Sil

Quiroga (Lugo) / Ribeira Sacra (Ourense)

Hai unha lenda que fala das profundas e misteriosas augas do río Sil, na Ribeira Sacra, provincia de Ourense, como un lugar de intrigantes covas e pasadizos, amores imposibles e seres mitolóxicos que moran as súas profundidades.

Conta a lenda que a filla dun poderoso nobre de Quiroga gustaba de percorre-los montes dos arredores vestida con roupas vulgares, co obxecto de pasar inadvertida entre as xentes humildes.

Río Sil Nunha tarde de outono atopou nun dos seus paseos un cazador mozo e lanzal, que viña de cazar un corzo coa súa baésta. A doncela, cuxa fermosura era, segundo se conta a "dunha fada", deuse a coñecer como pertencente ó castelo de Quiroga, mentres que o mancebo fíxoo como vasalo do señor de Osorio, de Castro Caldelas. Así e todo, a beleza de ámbolos dous mozos fixo que se namoraran nese mesmo instante o un do outro, acordando manter novos e apaixonados encontros.

Aqueles encontros tiñan lugar nas beiras do Sil e ó facérense frecuentes chegaron a coñecemento do poderoso pai da rapaza. Don Pedro de Quiroga, que así era como se chamaba este nobre, consideraba ós de Castro Caldelas os seus adversarios e indignos de pretenderen a súa filla, po-lo que lle prohibiu a esta que volvera a ver o mozo cazador.

Así e todo, os namorados atoparon axiña o xeito se veren, pois había un pasadizo que comunicaba o castelo de Quiroga cun túnel que pasaba por baixo do Sil e ía ata o castelo de Castro Caldelas. Sen embargo, o pai da doncela decatouse axiña do que acontecía e considerándoo unha ultraxe decidiu impor un castigo a ámbolos dous mozos.

Así pois, unha vez que os amantes penetraran dentro do pasadizo para correr un ós brazos do outro, o pai da doncela mandou ós seus homes pechar ámbalas dúas entradas do túnel cun gran número de rochas para que estas dificilmente puidesen ser outra vez abertas.

Deste xeito, ficaron, baixo das augas do Sil, os novos amantes para sempre...

Deles tamén conta a lenda que foron os proxenitores das lavandeiras, eses seres mitolóxicos que a crenza sitúa nas augas profundas deste río, e das que se cre lavan e pulen as pepitas de ouro que o Sil deposita no seu leito.

 

 


SUÁREZ GROBA, Mónica Beatriz. De Breviario enciclopédico, de Eladio Rodríguez Gónzalez