Encantos do Castro de Cameixa
San Martiño de Cameixa. Boborás (Ourense)

No castro teñen aparecido moitas cousa dos mouros e tamén animais vivos que sonda súa pertenza. Dunha vez un tal Callobre, que é veciño de Cameixa, encontrou unha ola enteira, mais en canto lle quixo botar man desfíxose por si mesma. Os mouros viven no castro, por baixo da terra.
Hai xa tempo que un individuo, indo ó pé da Casa Grande, ciu a dous homes que baixaban do castro montados uns machos grandes e que traían unha becerra e unha cabra. E os dos machos preguntáronlle por un camiño bo para que non tropezaran os animais.
O home, anque de primeira calou, despois mostroulles un camiño bo e, entón, os forasteiros porfiáronlle para que levase a cabra ou a becerra. Escolleu a becerra e eles mandáronlle que a levase para a casa, encargándolle moito que non lle tocara ata que estiverna nela. Cando chegaron, o home tocoulle e a becerra desfíxose en prata. Sóubose despois que a cabra era de ouro.
SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS. 1929. "Catálogo de castros galegos. Terra do Carballiño", en Nós, nº 69, Ourense