Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

O outeiro de Rubiós

San Lourenzo de Cañón. Celanova (Ourense)

Pantano

No outerito de Rubiós houbo unha grande cidade chamada San Salvador ou Cachiquimbra, nome que aínda leva unha parte do monte.

Esta cidade foi destruida po-los romanos ou po-los franceses que estaban no castro do Furriolo. Emprincipiou o ataque, un grande fogo sostido dende o propio Furrioloa pesar da distancia de dúas legoas que os afasta, pois é sabido que os antigos tiñan mellores armas e de máis alcance que as nosas. Fóronse acercando os inimigos a Cachiquimbra, puxéronlle sitio e remataron por destruila, morrendo dos da vila 11.000 mártires.

Cando os sitiadores estaban xa ó pé da vila, uns soldados foron pousar unha miga á beira dunha poza, que aínda existe, es sentáronse nunha, coidaron trabe, que estaba deitada no chan. Pouco tempo durara a pousa, cando sentiron rebulir a trabe, e viron con espanto que era unha serpe grandísima que, despois de beber na poza, quedara adurmiñada. Disparáronlle os seus fusís, pero tiña tan duro o coiro que as balas non lle entraban, e entón foi cando un dos soldados mandou que colleran un anaco de carne e que o prenderan no cabo dunha corda. Feito isto, déronlle a carne a serpe e en canto lle entrou na gorxa ataron á corda a un penedo, e a serpe morreu no instante mesmo. Desde entón é que chaman á poza a "Poza da Serpe".

 

 


SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS. 1928. Catálogo dos castros galegos. Terra de Celanova, Ed. Nós, A Coruña