Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Os mouros e o porco

Castromao. Santa María de Castromao. Celanova (Ourense)

porco Unha veciña de Castromao tiña un porco que tóda-las mañás, en canto lle abrían a corte, marchaba para o castro e non voltaba deica a noite.

Desconfiou a veciña se os mouros lle daban mantenza, pois o animal non comía nin miga na casa e a pesar diso estaba gordo que daba xenio ve-lo. Mais, cando chegou o tempo e a dona quixo facer matanza, o porco desapareceu da corte e nunca máis soubo del cousa ningunha.

No Castromao, hai atuadas a cadea, a lámpada e a reixa da Raíña Moura.

 


EMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS. 1928. Catálogo dos castros galegos. Terra de Celanova, Ed. Nós, A Coruña