Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

A Siradella

San Martiño do Grove. O Grove (Pontevedra)

Alí estiveron os mouros moito tempo. Estes mouros chegaron ó monte da Siradella ou da Cidadela cando os homes viñeron por primeira vez a España. Os veciños chámanlle O castillo dos mouros.

Nun pozo que hai no monte, un veciño tirou unha pedra. Do burato saiu moitísimo fume e, acabado este, unha muller. A dona díxolle que no fondo do pozo había encantados un príncipe e dúas princesas e que os desencantaría se tiraba ó pozo tres barras de pan; dito esto, desapareceu.

Ó cabo de catro días, o home voltou con tres barras de pan, peron non puido resistir a fame que o asaltou no camiño e comeu un anaco dunha das barras. Ó chegar ó pozo tirou o primeiro pan que, ó tocar o fondo, converteuse nunha princesa e desapareceu. Tirou a segunda barra, converteuse nun príncipe e tamén desaparceu. Tirou a terceira e saíulle un monstro, como persoa sen cara que desapareceu despois de darlle un cinto.

De volta á casa, sentouse a descansar e atou o cinto a unha árbore. En poucos segundo, despois de varias torsións, desapareceron árbore e cinto, fin que lle estaba reservada por ter comido un anaco da terceira barra de pan.

Siradella O pozo parece feito po-lo homo, pois é cadrado e revestido de pedra no seu interior. Po-lo fondo pasa a auga, conducida por dous pequenos túneles. Din que era a saída secreta dos mouros da Siradella, porque neste lugar houbo unha cidade de mouros, con tres castelos.

Din as historias, que ó principio chegaron a esta zona os primeiros homes e despois chegaron os mouros, que os venceron e mataron.

Unha princesa moura namorou cun mouro dos que vivían en Ons que eran inimigos dos seus. Por mor desto, os pais da moza opoñíanse a estes amores. Para poder acabar con eles, convocaron ós sabios da Siradella quen lles dixeron que, segundo unha profecía escrita nuns libros antiquísimos, se os dous mozo casaban, desaparecerían tódo-los mouros do mundo. Para evitar tan grande mal, os pais da princesa minaron toda a cidadela a través do pozo da Siradella para facer que se hundise e deixaron que súa filla morrera no derrubamento para evitar a desaparición dos mouros de todo o mundo.

Segundo outra lenda, o rei mouro que habitaba na Siradella era ambicioso de máis e quería conquerir o mundo enteiro. Foi por esto que Deus castigou a este rei cun cataclismo que acabou cos tres castelos da Siradella.

Por último, na Siradella hai tres minas, unha de ouro, outra de lume e outra de peste, aínda que non se coñece a súa localización.

 


APARICIO CASADO, Buenaventura. 1999. Mouras, Serpientes, Tesoros y otros encantos, Cadernos do seminario de Sargadelos, nº 80, Ediciós do Castro, Sada, A Coruña