Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

O castro da casa do monte

Casa do Monte. Santa Cristina de Vea. A Estrada (Pontevedra)

Santa Cristina de Vea

Hai un castro que contiña, segundo o vulgo, algún encantos e, para desconxura-los, presentouse alí un sacerdote en certa ocasión, acompañado de varios veciños, e empezaron a facer escavaiós que deron por resultado o atopar o tobo dun porco teixo...

Nunha pedra de laxe unha señorita encantada vestida de branco tiña unha tenda e ós que pasaban po-la súa beira dicíalles:

— Desencantádeme que eu non vos fago mal ningún e dareivos moitos tesouros. Voume volver nunha cobra, pero non me teñades medo, que non vos vou facer nada.

Pero todos fuxían e non querían saber nada con ela.

Hai moitos anos, xa llo contaba a miña avoa, un home de aquí marchou para as Américas e estando un día en Bos Aires, encontrouse cun home de alá, da montaña, de cara a Lalín ou Chantada, non me acordo ben. Puxéronse a falar e saíu na conversa de onde era. Ó dicirlle de Santa Cristina de Vea, o outro home díxolle:

— Bo, se es de alí, non che facía falta vir ás Américas.

E ensinoulle un libro e un plano onde sabía el que había un tesouro moi grande escondido.

Entón o home voltou para acá e encontrou o tesouro e fíxose moi rico, pero cando morreu volveu esconder o tesouro e non se sabe del.

Eu mesma, aquí, na eira, encontrei unhas olas de barro con carbóns queimados dentro metidos nun buraco coma se fora un forniño pequeno.

Cando fixen este cuberto tiven que achantar moita terra do monte que sobe por detrás da eira e encontrei dúas arandelas cunhas boliñas no remate. Brilaban tanto que meu irmán e eu pensamos que podían ser de ouro. Púxenme a estira-las e romperon, e dentro non tiñan máis que terra qeimada. Entón xa non valían para nada e tireinas.

Algún veciño de que alí viviron os mouros e que tiñan moitos tesouros.


APARICIO CASADO, Buenaventura. 1999. Mouras, Serpientes, Tesoros y otros encantos. Mitología popular gallega, Cadernos do seminario de Sargadelos, nº 80, Ediciós do Castro, Sada, A Coruña