Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

O coto do castelo

Santa María de Luceda. A Cañiza (Pontevedra)

O coto do castelo

Ó ir os nenos co gando ó monte, aparecíaselles unha moza moi guapa que vestía unha saia moi longa e con moito vóo, un pano ó pescozo, con floco ata o cóbado e espido nas costas, pelo que lle chegaba á cintura e un pano á cabeza. Contáronlles os pequenos ós seus maiores esta aparición. Foron ve-la, descobrírona desde lonxe sobre un coto, pero desapareceu por encanto ó achegárense.

Unha rapaza da montaña, que viña co gando ó monte, principiou relaciós neste lugar cun rapaz que se lle aparecía alí, sempre no mesmo sitio. Naceu un neno, ó que deu a luz no mesmo monte e quedou co pai para que non o souberan na os familiares da nai e pasados uns días volveu á casa pero todos, á mesma hora, ía dar de mamar a criatura.

Desconfiaron os pais e un día mandárona amasar, quixo negarse e non puido, na hora de mamar o neno. Ó estar amasando, saiu leite do seu peito, marchou ó monte, seguírona os pais e viron ó home coa criatura nos brazos.

O home desapereceu e non volveu. Os veciños buscárono por todo o monte e non o atoparon.

Dise que no interior deste monte teñen vivendas os mouros.



APARICIO CASADO, Buenaventura. 1999. Mouras, Serpientes, Tesoros y otros encantos, Cadernos do seminario de Sargadelos, nº 80, Ediciós do Castro, Sada, A Coruña