Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

O petroglifo de Campolongo

Campolongo. San Salvador de Coruxo. Vigo (Pontevedra)

Campolongo

Ía un mozo po-lo monte, cando, ó chegar ó lugar chamado Coto da Moura, viu unha muller fermosísima, que estaba a peitearse riba dun penedo. O xove, tomtalmente enamorado da beleza da moura díxolle:

— ¿Que fas aquí no medio do monte? Vente comigo para a miña casa.

Ela respondeulle:

— ¡Que máis quixera eu! Pero non podo sair deste coto porque estou encantada.

— ¿Encantada?, ¿e que hai que facer para rompe-lo encantamento?

— É moi sinxelo. Vou meterme no coto e vou sair transformada nunha serpe. Subirei por ti e, se non dis "Deus", volarei para o interior, sairei como son, xunto cun carro cheo de ouro, e marcharei contigo.

O mozo de contado dixolle que sí. A muller entrou no coto e, de alí a pouco, saiu unha grandísima serpe que foi subíndo po-las pernas do mozo. O xove cría afogar por momentos e, en canto lle subiu ó peito, non podendo soportar máis, dixo:

— ¡Ai, meu Deus!

Entón a serpe a toda presa meteuse no coto. Foi entrar a transmutada moza e escoitarse un gran ruido, un grande estampido no seu interior que fixo tremer o monte enteiro. Aquela foi a última vez que se viu á moura.


COSTAS GOBERNA, Fernando Javier. 1984. Petroglifos del litoral de la Ría de Vigo (Valles Frogoso y Miñor), Publicacións do Museo Municipal "Quiñones de León", nº 8, Vigo (Pontevedra)