Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

O santuario da Franqueira

A Franqueira. A Cañiza (Pontevedra)

Santa María da Franqueira

Conta a tradición, aínda que sen fixar a data, que unha pobre anciá acostumaba a apacentar o su gando nun cerro daqueles contornos —que desde entón recibe o nome de 'O Coto da Vella'—; e unha noite, ó recoller o seu curto rebaño, un vivísimo resplandor iluminou a parte máis escabrosa do monte e, entre un forte grupo de penedos e malezas, viron os seus abraiados ollos unha fermosísima imaxe da Virxe María.

Difundida rápidamente por toda a comarca a noticia do prodixioso achado, aquelas sinxelas xentes adoraron, devotamente, a imaxe que os acababa de enriquecer coa súa protección, e determinaron fabricar unha ermida no mesmo luga da súa aparición, que era, precisamente, o límite de dous termos distintos, hoxe Luneda e Franqueira.

A desigualdade do terreo facía imposible calquera construcción e, engade a lenda, que esta dificultade suscitou unha disputa entre as dúas aldeas, pretendendo cada unha delas que radicaban no seu termo as pedras que servían de escano e pedestal á virxe e que lles correspondía a súa posesión.

Para dirimir a cuestión acordaron colocar a santa imaxe coas pedras que calcaban as súas divinas plantas, nun carro do país e que varias xugadas de bois de distintos lugares limítrofes, cos ollos vendados e sen guía, marchasen nalgunha dirección que decidise o lugar de colocación da ermida. Naquel terreo abrupto e de difícil acceso, os animais deron varias voltas e revoltas estimulados po-lo aguillón ata que franquearon a saída e tomaron o camiño máis franco cara ó lugar que despois se denominou Franqueira.

Por tradición, as xentes veñen sinalando como detalles que confirman esta lenda, a coroa da Virxe que aparece grabada no penedo que serve de teito á sagrada cova e a profunda fendedura producida po-la pegada dun carro que se observa na pena que pavimenta parte do corredor da entrada.

 


RODRÍGUEZ SOBRINO, J.. 1943. El Santuario de Nuestra Señora de la Franqueira, Tipografía "Faro de Vigo", Vigo (Pontevedra)