Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Santa Liberata ou Librada

Baiona (Pontevedra)

Santa Liberata

Santa Liberata ou Librada, que exerce a abogacía nos partos difíciles, naceu en Baiona, no século II, e ten a súa lenda ligada á das nove irmáns, todas elas mártires, e nacidas dun mesmo parto: Ginivera, Victoria, Eumelia, Germana, Gemma, Marcia, Basília, Quiteria e Librada, salvándose as oito primeiras de morreren afogadas por orden da súa nai —que encomendara á súa comadroa, Sila, que nunha cesta as botase ó río Miñor— gracias á compaixón desta que ocultamente as criou.

O móbil deste infanticidio era que se tiña a crenza de que os partos múltiples eran debidos ó adulterio e Calsia, a nai, trataba de ocultar as outras irmáns ó seu home, Lucio Catélo, gobernador de Balcagia (Baiona). Descubertas po-lo pai en Braga, intenta face-las renegar da súa fe e, po-la súa firme negativa sofren o martirio.

A Librada, moi fermosa, trata de casa-la cun príncipe e ela pide a Deus que afee o seu rostro no momento de ser presentada ó seu prometido. O milagre cúmprese e a súa cara aparece poboada de barba e bigote.

Despois ven o martirio da 'Protomártir da Cruz' e Santa Liberata é a primeira muller que expira na cruz. Goza de moita devoción, mesmo entre os portugueses do Miño. Camiño da súa capela cantan:

Hei de ir o señor San Cosme
hei de ir e vir por Baiona,
ver a Santa Liberata
na súa capela nova.

 


ALONSO, Eliseo. Bajo MIño y Costa Sur, Industrias Gráficas Noroeste, Vigo (Pontevedra)