Santa Trahamunda
Poio (Pontevedra)

Santa Trahamunda foi unha monxa que vivía no convento de San Martiño coas súas irmás, que pertencían á orde de San Bieito.
Os mouros, que invadiran España, chegaron a Galicia e levaron como botín ás mozas máis belidas como regalo para o seu sultán.
Atopábase un día Trahamunda apacentando as ovellas na xunqueira que había onde está agora o noso colexio, e chegaron os mouros. Como era moi fermosa, levárona para o harén do sultán, para que fose unha máis das moitas mulleres que alí tiña. Ela negouse e foi encerrada nun calabozo.
Así pasou o tempo, ata que chegou o día de San Xoán. Trahamunda púxose moi triste: acordábase das irmás e sentía anceios moi grandes de volver a Poio. En soños aparecéuselle un anxo que lle puxo unha poliña de palma na man. Cando espertou atopouse nun prado xunto ó convento. Era o amencer e os frades do mosteiro cantaban matíns. Sentiu unha grande ledicia e alí mesmo plantou a palma que, co tempo, foi medrando. Dende entó aque prado chamouse "Prado da Palma".
Trahamunda viviu moitos anos no convento e cando morreu foi enterrada no sartego de pedra que se conserva na capela do convento de Poio.
APARICIO CASADO, Buenaventura. 1992. A tradición oral en Poio, Pontevedra